miércoles 2 de noviembre de 2011

XI Trofeo Cidade de Pontevedra de Baile Deportivo

O próximo domingo 6 de novembro de 2011 celebrarase o XI Trofeo Cidade de Pontevedra de Baile Deportivo, organizado polo Club Pasos-Bailegalicia. Esta competición celebrarase no Pavillón Deportivo Municipal de Pontevedra e o horario será de 14 a 21:00 h.
O prezo da entrada é de 6 euros e os menores de 12 anos entran gratis.

Nesta competición contaremos coa participación das mellores parellas de Baile Deportivo de Galicia entre as que figuran Campións e finalistas de varios Campionatos de España deste deporte.
O Trofeo Cidade de Pontevedra é puntuable para o Ranking Nacional da AEBD (Agrupación Española de baile Deportivo) que ten rango de Federación Deportiva.

MODALIDADES que compoñen o Baile Deportivo

Bailes Standard son aqueles bailes de corte máis clásico, como o tango, o slow, o quick, o vals inglés e o vienés.
Bailes latinos engloban o chachachá, samba, rumba, pasodobre e jive.
Grupos de idade nos que se dividen as parellas participantes:
- Xuvenil (menores de 11 anos)
- Junior I (de 11 e 12 anos)
- Junior II ( de 12 e 13 anos)
- Youth ( de 15 a 17 anos)
- Adulto I ( de 18 ata 25 anos)
- Adulto II (entre 25 e 35 anos)
- Senior I (entre 36 e 45 anos)
- Senior II (maiores de 45 anos)

Estes grupos divídense en diferentes categorías que van da J, I e H, que son as máis baixas (10 semanas de clases) até a A e A Internacional, máximas categorías de nivel nacional que supón alcanzar varios podiums en todas as categorías inferiores, así como posuír unha gran calidade técnica e artística.
Por outra banda sinalar que o Baile Deportivo e de Competición está recoñecido como deporte polo CSD e o COI e depende da IDSF (Internacional Dance Sport Federation), que ten como representación en España á AEBD. No Parlamento de Galicia aprobouse recentemente por unamidad a creación da Federación Galega de Baile Deportivo e o Baile Deportivo en Galicia é xa unha modalidade recoñecida como calquera outro deporte de competición.

Ademais o Baile Deportivo está incluído no programa XOGADE (Xogos Deportivos en Idade Escolar), convocados pola Secretaría Xeral do Deporte en Galicia en colaboración coas Federacións Deportivas (http://www.deporteescolargalego.org/ )

Na pestaña calendarios tedes a programación das distintas instalacións