Máis de 150 xogadores desprazaranse a Pontevedra para participar nunha competición que contará cos mellores xogadores de España
O squash galego vive un momento doce. Con equipos que xa están na elite deste deporte a nivel nacional e con xogadores que encabezan o ranking español, non é de estrañar o crece-mento no número de fichas. Todo elo explica o record de participación que vai rexistrar o Campionato Galego por equipos que se celebra esta fin de semana en Pontevedra, nas instala-cións de Ponte Muíños.
A competición conta nestes momentos, a poucas horas do peche do prazo, con 17 equipos ins-critos (7 deles femininos), superando amplamente as cifras do Campionato Galego do ano pa-sado, cando só contaron con oito. O dato xurdiu durante a presentación oficial, celebrada hoxe no Concello baixo a presidencia do concelleiro de Deportes, Agustín Fernández. Participaron tamén o vicepresidente do Squash Pontevedra, Dámaso Quintana, e o director deportivo, Mi-guel Novegil.
O Campionato celebrarase durante as xornadas do venres e o sábado, en horario de 9 a 21 ho-ras. O sábado, a partir das 20 horas disputaranse as finais e, a continuación, as entregas de premios aos gañadores. Neses dous días haberá máis dun cento de partidos, dado que cada equipo está composto por seis xogadores e os cruces consisten en catro partidos.
Agustín Fernández destacou a importancia que está a alcanzar o squash en Galicia e tamén en Pontevedra. Boa proba son os 125 xogadores cos que conta o equipo pontevedrés, dos que uns 50 son menores de 16 anos. Engadiu que este é o camiño correcto. A promoción da base e a organización de eventos que referencien a Pontevedra como capital deportiva de Galicia, ad-vertiu, son os elementos que o Concello vai ter moi en conta á hora de apoiar aos clubs. Neste sentido, destacou que o Squash Pontevedra xa organizou seis eventos no que vai de ano e ta-mén acadou varios éxitos individuais en categorías inferiores.
Dámaso Quintana recalcou que o Campionato Galego por equipos vai supoñer o despraza-mento dun importante volume de xente a Pontevedra, dado que aos 150 xogadores sumaranse adestradores, acompañantes e familiares. Na súa opinión, a calidade das instalacións de Ponte Muíños, con catro canchas, foi tamén determinante para o éxito desta convocatoria. Estamos, engadiu, diante das mellores pistas de Galicia e, probablemente, dunhas das mellores de Es-paña.
Miguel Novegil fixo fincapé na calidade dos equipos participantes, encabezados polo Squash Santiago, que é, agora mesmo a referencia en toda España. Polas pistas de Ponte Muíños, re-velou, poderemos ver directamente a xogadores do prestixio de Borja Golán (o mellor xoga-dor español de todos os tempos), Leonardo Romiglio, Carlos Cornes, Jesús Souto ou o vigués Hugo Varela.
O Squash Pontevedra participará con catro equipos: un de menores de 17 anos, un veterano, un feminino e o club de categoría absoluta, co que aspiran a chegar, cando menos a semifi-nais, sempre que haxa sorte cos cruces.
Os representantes do Squash Pontevedra agradeceron o apoio do Concello e comprometéronse a seguir traballando para que os xogadores locais acaden os maiores éxitos deportivos