miércoles 23 de noviembre de 2011

Agustín Fernández comprométese a colaborar coa Deputación para dotar a Salcedo de campo de herba sintética

 Absoluta colaboración. O concelleiro de Deportes, Agustín Fernández, mantivo unha xuntanza coa directiva da Sociedad Cultural Deportiva de Salcedo e transmitiu a súa intención de apoiar a construción dun campo de herba sintética na parroquia que solucione unha necesida-de moi sentida polos veciños e clubs de fútbol.

Fernández indicou ao presidente da Cultural, “Tito” Barreiro, a súa disposición a estudar a sinatura dun convenio coa Deputación Provincial idéntico ao pactado recentemente para o campo de Marcón.

O responsable municipal de Deportes aplaude o compromiso adquirido polo presidente da Deputación, Rafael Louzán, durante a campaña das últimas eleccións municipais para cons-truír un campo de herba sintética que substitúa ás obsoletas instalacións de O Casal. A propos-ta, segundo lle transmitiron ao concelleiro de Deportes, pasa por facelo nuns terreos cedidos pola entidade provincial á Misión Biolóxica. Para facelo posible habería que compensar a esta entidade do Consello Superior de Investigacións Científicas con outra parcela.

A promesa electoral de Rafael Louzán, sempre segundo a información transmitida ao edil, pasaría polo apoio do Concello, que debería achegar o 25% do financiamento. Agustín Fernán-dez indicou que non habería problema neste aspecto, pero advertiu que é a Deputación quen debe solucionar a cuestión dos terreos. O Concello colaborará ao máximo no caso de que se-xan necesarios trámites urbanísticos, pero, como é lóxico, non pode asumir compromisos alleos de adquisición ou posta a disposición de terreos.


Na pestaña calendarios tedes a programación das distintas instalacións