miércoles 19 de octubre de 2011

A media maratón de Pontevedra superará os 1.000 participantes

Confírmase o éxito do novo circuíto urbano da proba

Pontevedra acolle este domingo a súa media maratón co éxito de participación garantido, pois horas antes do peche da inscrición superáronse os 1.000 participantes. A proba, que foi pre-sentada hoxe no ximnasio da piscina de Campolongo co fondo das máquinas de fitness en plena actividade, chega este ano a súa décimosexta edición.

Foto: Diario Pontevedra
O concelleiro de Deportes, Agustín Fernández; o representante da Sociedade Ximnástica, Juan Romero, e os patrocinadores: Santiago Picallo por La Caixa e Genaro Lorenzo, por Serviocio, foron os encargados de informar sobre os últimos detalles.

Agustín Fernández destacou que a proba é nunha das citas principais do calendario deportivo anual desta cidade. O mérito atribuíuno a “algúns acertos que se foron "cometendo" nestes últimos anos”. Destacou o cambio de recorrido, optando por un formato moito máis urbano e distribuído nun circuíto de dúas voltas, o que fai posible que haxa xente que o encare como unha rodaxe de 10-11 Km. O segundo acerto, continuou, foi a aposta por patrocinadores, lo-grando un apoio que é especialmente importante “nestes tempos nos que tanto pronunciamos o verbo recortar”.

O concelleiro destacou que a media maratón de Pontevedra pode e deber seguir crecendo en cantidade e en calidade (coidando sempre os detalles de organización) para converterse nunha cita imprescindible para todos os atletas do Noroeste peninsular. Por elo felicitouse polo éxito de participación, que xa está garantido.

Juan Romero subliñou que a media de Pontevedra está xa entre as mellores de Galicia e expe-rimenta un crecemento tan rápido que hai que ir pensando en poñer un límite de participación, coa intención de que siga a ser un evento manexable e ben organizado. Destacou que a vocación galega da proba debe continuar. O obxectivo é atraer aos atletas galegos, o que mesmo levou a renunciar este ano ás ofertas para incluíla no calendario nacional. De aí tamén, conti-nuou, a decisión de introducir este ano tres premios para os mellores atletas locais.

Os patrocinadores destacaron tamén a vocación de calidade desta proba deportiva e anuncia-ron a posibilidade de novas colaboración con proxectos municipais que están aínda en fase de deseño, como a creación dun circuíto atlético pontevedrés que estaría integrado por varias probas distribuídas por todo o ano.
A proba celébrase este domingo, día 23, ás 10.30 horas da mañá. A inscrición debe realizarse en http://www.championchipnorte.com/  e remata, hoxe, día 18 de outubro, ás 23:00 horas. O importe é de 12 euros e para aqueles que teñan chip propio, será de 10 euros.

Só poderán participar os maiores de idade e estará aberta a atletas federados e corredores non federados.

O percorrido consiste nun circuíto pola cidade, ao que se lle dará dúas voltas, para completar os 21.097 metros da carreira. A saída efectuarase nas inmediacións do CGTD, na rúa José Malvar e Figueroa e a meta na pista de atletismo do CGTD. O circuíto estará completamente cortado ao tráfico rodado.

COUSAS A TER EN CONTA: O chip de aluguer debe devolverse en meta. Haberá avitualla-mento líquido cada cinco quilómetros. En meta entregarase tamén unha camiseta conmemora-tiva, unha bolsa de produtos alimenticios, servizo de fisioterapia e gardaría.

ENTREGA DE DORSAIS: O sábado 22 de outubro, no propio CGTD entregaranse durante practicamente todo o día os dorsais e tamén na mañá do día da proba.

PREMIOS: Este ano varían os premios en metálico, seguiranse dando ao oito primeiros, en homes e mulleres, pero establécese unha nova categoría de corredores locais, dos cales o tres primeiros obterán tamén un premio en metálico. Tamén haberá trofeo aos tres primeiros e primeiras da carreira e trofeo ao gañador de cada categoría.

Na pestaña calendarios tedes a programación das distintas instalacións