miércoles 5 de octubre de 2011

A Concellería de Deportes estuda traer a Pontevedra o Campionato de España de Marcha de 2012

O concelleiro de Deportes, Agustín Fernández, recibiu hoxe ao presidente da Federación Ga-lega de Atletismo, Isidoro Hornillos. A conversa serviu para establecer un primeiro contacto entre os responsables das dúas institucións e comezar a deseñar un calendario de posibles co-laboracións ao longo deste mandato municipal. Estiveron tamén presentes o Director Xeral de Deportes, Jaime Agulló, e o directivo da Federación, Santiago Pérez.

A principal novidade radica na posibilidade de que Pontevedra acolla no ano 2012 o Campionato de España de Marcha. Pontevedra converteríase así na sede deste evento deportivo, que implica un importante esforzo loxístico porque supón a organización competicións nas cate-gorías absoluta, junior, promesa e cadete, con percorridos de 5, 10, 20 e 50 Km. Calcúlase que se desprazarían entre 250 e 300 participantes, incluíndo aos mellores marchadores/as espa-ñois. Todo elo significaría un pulo importante á promoción da cidade e aos índices de ocupa-ción hoteleira.

Agustín Fernández e Isidoro Hornillos tamén esbozaron outras posibles colaboracións para os próximos anos, pero os detalles iranse concretando máis adiante.

Fernández indicou que todo vai estar en función das dispoñibilidades orzamentarias do seu departamento, do encaixe na política deportiva municipal e da “rendibilidade social” que se estime pode derivar de cada un dos eventos, cuestión esta última de gran relevancia á hora de tomar decisións.

Mais información na Web da Federación Española de Atletismo:


Na pestaña calendarios tedes a programación das distintas instalacións