martes 4 de octubre de 2011

A Concellería de Deportes aproba case 60.000 euros en subvencións para a promoción do deporte en Pontevedra

O concelleiro de Deportes, Agustín Fernández, asinou hoxe as resolucións polas que o Conce-llo vai entregar 57.500 euros a distintos clubs da cidade en concepto de iniciativas promoción do deporte desenvolvidas durante este ano.


As achegas recoñecen o traballo de organización de actividades de interese público e social, nas que hai grande asistencia de público e participan un elevado número de deportistas. Acti-vidades, subliña a resolución asinada hoxe, que contribúen á promoción da cidade, e van máis alá da mera programación deportiva dos clubs.

A Escudería Ciudad de Pontevedra obtén 8.000 euros para promocionar o deporte do automo-bilismo; o club baloncesto Arxil, 6.000 euros; a Sociedad Deportiva Teucro, 6.000 euros; o Club Natación Galaico, 10.500 euros; a Federación Galega de Piragüismo, 13.000 euros; a Sociedad Gimnástica de Pontevedra, 8.000 euros e, finalmente, o Club Taekwondo Mace Sport, 6.000 euros.

Este tipo de axudas vense complementadas por outras que se tramitan no Instituto Municipal de Deportes (IMD) en réxime de concorrencia:

  • As primeiras cubren o funcionamento das Escolas Deportivas Municipais, nas que participan 28 clubs e máis dun milleiro de rapaces, incluíndo tamén as escolas para nenos/as con disca-pacidade e as que se organizan no rural.

  • A maiores, a Concellería de Deportes está tramitando os expedientes correspondentes aos eventos deportivos celebrados neste exercizo e para os que os organizadores solicitaron axu-das municipais. Trátase dun cento de actividades moi diversas e de todas as disciplinas.

  • Finalmente, a través do Instituto Municipal de Deportes tramítanse as subvencións correspon-dentes a toda a actividade federada, canalizada a través das competicións deportivas celebra-das este ano.

Toda esta programación de axudas, que só pode pagarse previa xustificación da celebración da actividade ou calendario deportivo, quedará resolta nas próximas semanas, de acordo coa planificación elaborada no seo da Concellería de Deportes.

Na pestaña calendarios tedes a programación das distintas instalacións