Na pestaña calendarios tedes a programación das distintas instalacións

martes 28 de julio de 2009

O CN Pontevedra, segundo posto no Torneo Internacional de Waterpolo

Os conxuntos masculino e feminino do A.R. Concepción revalidaron o título de campións, logo de vencer na categoría masculina ao CN Pontevedra e na feminina ao Balión-Coruña. Como consecuencia, o segundo posto na categoría masculina foi para o CN Pontevedra e na feminina para o conxunto coruñés. A terceira praza foi para a Universidade Autónoma de Madrid e Mosquitas mortas.
Esta segunda edición do II Torneo Internacional de Waterpolo-Praia Sanxenxo, organizado polo CN Pontevedra a pasada fin de semana en augas da praia de Silgar, contou coa presenza de máis de 400 waterpolistas e 35 equipos procedentes de toda a Península Ibérica. Con só dúas edicións este torneo xa está consolidado como un dos máis exitosos torneos de waterpolo-praia do país, máis que evidente co gran volume de participación e de público que abarrotou a praia de Silgar. Todos os veraneantes que se achegaron a Sanxenxo a fin de semana, preto de 10.000 persoas, puideron presenciar os 52 partidos de waterpolo que se disputaron no centro da praia, desde calquera punto do paseo, a beira da praia ou as dúas plataformas que a organización instalou no mar xunto aos dous campos de xogo. O evento destacou polo seu carácter lúdico e deportivo, pois ademais de reunir ás mellores promesas deste deporte, serviu para que intercambiasen impresións sobre as súas diferentes situacións waterpolísiticas e se divertiran tanto no auga como na festa nocturna. Paralelamente disputouse un torneo masculino e outro feminino entre equipos de sete xogadores a modo de eliminatoria con rolda de perdedores e de gañadores, asegurándose así de que todos os equipos puidesen xogar, polo menos, dous partidos. Entre os equipos participantes houbo algúns de gran nivel, como o Real Canoe, con algúns xogadores de División de Honor, Os homes de Txipi, formado por xogadores do Askartza de Bilbao, conxunto que milita na Primeira División Nacional ou o AR Concepción, campión das dúas deste torneo que esta tempada conseguiu o ascenso a Primeira Nacional. Tamén hai que destacar a presenza de Javier Sánchez-Toril, Fiti, ex xogador de equipos como o Real Canoe, Atlétic Barceloneta e Ondarreta-Alcorcón e da selección española de waterpolo que foi campión do Mundo con España en 2001. Fiti xogou o torneo co equipo organizador, o CN Pontevedra, colaborando activamente para que os pontevedreses chegasen fose de todo pronóstico á final do torneo a través de róldaa de perdedores. Podedes consultar máis información na web oficial do torneo: http://waterpolopontevedra.com/ http://waterpoloplayasanxenxo.blogspot.com/ waterpolo@cnpontevedra.org Resultados do II Torneo Internacional de Waterpolo-Praia Sanxenxo Clasificación final Torneo Masculino 1º A.R. Concepción A 2º CN Pontevedra 3º Universidade Autónoma de Madrid 4º Kurman-Santiago Clasificación final Torneo Feminino 1º Cantaron Bingo 2º Equipo Bailón-Coruña 3º Mosquitas mortas-Moscardó 4º CN Pontevedra

Ler mais......

martes 21 de julio de 2009

A praia de Silgar será o escenario do II Trofeo Internacional de Waterpolo, organizado polo CN Pontevedra

A proba, que reunirá a máis de 400 deportistas de España e Portugal, terá lugar os días 25 e 26 de xullo de 2009. Paralelamente disputarase un torneo masculino e outro feminino con xogadores federados e non federados na modalidade de eliminatoria. Hoxe presentouse na Deputación de Pontevedra o II Torneo Internacional de Waterpolo organizado polo CN Pontevedra. A competición, que terá lugar esta fin de semana na praia de Silgar (Sanxenxo), reunirá a máis de 400 waterpolistas agrupados en 35 equipos de España e Portugal. O areal de Sanxenxo converterase asi no escenario dun evento lúdico e deportivo que xa supera a marca de inscricións do ano pasado (21 equipos). Hai que destacar que o II Torneo Internacional de Waterpolo-Praia Sanxenxo é o único que se celebra en toda España coa modalidade de libre inscrición de equipos. A iniciativa do club pontevedrés pretende consolidar todo un festival de waterpolo-praia nun dos lugares máis turísticos da costa galega como é Sanxenxo, para promocionar o waterpolo na provincia de Pontevedra e Galicia, asegurándose a presenza de miles de espectadores durante o fin de semana presenciando os 52 partidos de waterpolo e as 13 horas de xogo. Paralelamente disputarase un torneo masculino e outro feminino con xogadores federados e non federados, sen importar a idade de participación (será de categoría absoluta). Cada equipo estará formado por 7 xogadores cun máximo de 15. O torneo xogarase na modalidade de eliminatoria con rolda de perdedores e de gañadores, asegurándose asi de que todos os equipos poidan xogar polo menos dous partidos. Haberá un cadro de competición feminino, con 7 equipos e outro masculino, con 28 equipos. Os partidos terán unha duración de 20 minutos (2 partes de 10 minutos), comezando dous partidos simultáneos cada media hora, xa que o CN Pontevedra instalará 2 campos de xogo, cos seus respectivos pantaláns para que se suban os árbitros e suplentes. O feito de que haxa dous campos facilitará que os partidos se xoguen con máis fluidez. Os horarios serán os seguintes: Sábado 25 - 12:00 h. - Reunión técnica (xunto á caseta de socorristas). Sábado 25 - 13:00 h. - Inicio do torneo. Sábado 25 - 20:30 h. - Final da primeira xornada. Sábado 25 - 22:00 h. - Cea de confraternidade con todos os participantes. Domingo 26 - 12:00 h. - Inicio da segunda xornada. Domingo 26 - 18:00 h. - Clausura e entrega de trofeos. Os equipos participantes, algúns de clubs de categoría nacional e outros formados por grupos de amigos, poden levar nomes orixinais para facer o torneo máis informal: Torneo Femenino: CN Pontevedra WP, CW San Javier (Murcia), Hodete-Combinado madrileño, CW Mosquitas Muertas-CN Moscardó (Madrid), Han cantado bingo-AR Concepción (Madrid), El Equipo Bailón-CN Coruña, Kurmandinhas-CW Santiago. Torneo Masculino: CN Pontevedra WP, CN Pontevedra WP Juvenil, Los hombres de Txipi-Askartza de Bilbao, Club Deportivo Bilbao, Waterpolo Albacete, CW San Javier (Murcia), Universidad Autónoma de Madrid, CW Polbo á Feira-Universidad Autónoma Madrid “B”, Waterpolo Redondela, CN Colmenar Viejo (Madrid), Los amigos de Petinto-CN Cuatro Caminos (Madrid), CN Pozuelo (Madrid), AR Concepción-Ciudad Lineal "A" (Madrid), AR Concepcion-Ciudad Lineal "B" (Madrid), Real Canoe (Madrid), CN Estrella Damm-CN Moscardó (Madrid), Kurmandinhos-CW Santiago, Torrepolo-Torrelaguna (Madrid), Navalikhine Team–Marina Ferrol, Waterpolo Paredes (Portugal), CN Padrón, Waterpolo Poseidón (Talavera), CN Badia-Qdeleiteteam (Barcelona), CN Povoense (Portugal), CN Avilés (Asturias), Asociacion Coruñesa de Waterpolo, Fluvial Generations–Clube Fluvial Portuense (Portugal) y CN Coria (Sevilla). Entre estes club atopamos conxuntos de gran nivel como o Real Canoe, que traerá algúns xogadores de División de Honor, “Los hombres de Txipi”, formado por xogadores do Askartza de Bilbao, que xoga na 1ª División Nacional o o AR Concepción, campión da primera edición, que vén coa intención de revalidar o título e que esta tempada conseguiu o ascenso a Primera Nacional. Entre os xogadores participantes hai que destacar a presenza de Javier Sánchez-Toril, ex-xogador de equipos como o Real Canoe, Atlétic Barceloneta e Ondarreta-Alcorcón e da selección española de waterpolo que foi campión do Mundo con España en 2001. Sánchez-Toril jugará el torneo con el equipo organizador, el CN Pontevedra, lo que será una gran experiencia para los pontevedreses jugar al lado de un campeón del mundo. Podedes consultar toda a información do torneo no blog http://waterpoloplayasanxenxo.blogspot.com.

Ler mais......

lunes 20 de julio de 2009

O Club Sotavento oferta actividades no mes de agosto para os afeccionados á pesca submarina

Entre as actividades programadas está o Campeonato de fotografía de pesca submarina que terá lugar o vindeiro 2 de agosto na illa de Ons.

O día 2 terá lugar o Campeonato de fotografía submarina en apnea. A proba realizarase na illa de Ons. A seguinte cita será a finais de agosto co Campeonato de Pesca Submarina Virxe Peregrina. A competición celebrarase noutro marco natural de excepción, a Ermita de A Lanzada, ás 8:30 horas. Os interesados poderán inscribirse gratuitamente na dirección de correo electrónico rafagomezmoldes@hotmail.com. Provisionalmente, tamén está previsto un Curso de iniciación á pesca submarina o día 23 na Praia Fluvial de Pontevedra. Os interesados poden inscribirse gratuitamente contactando co Club Sotavento na dirección de correo electrónico yabilleira@terra.es.

Ler mais......

viernes 10 de julio de 2009

Pontevedra, campiona de fútbol nos Xogos do Eixo Atlántico 2009

Os Xogos do Eixo Atlántico clausúranse cunha gran vitoria, a máxima gloria para o equipo pontevedrés ao vencer a Vilagarcía por un gol a cero.
A expedición pontevedresa volta a casa logo de conquistar o título de campiona na disciplina do fútbol ao vencer por un gol a cero ao conxunto de Vilagarcía. A hora de chegada está prevista para as 16:30 horas.
A Concelleira de Deportes, Anxos Riveiro, visitou onte aos rapaces que pecharon a xornada de competición de hoxe na cidade de A Coruña. Anxos Riveiro mantivo un encontro con todas as autoridades das diferentes vilas galegas e do norte de Portugal que participan neste encontro de convivencia, diversión, intercambio e lecer entre miles de mozos e mozas do noroeste peninsular que representaron aos concellos máis poboados de toda Galicia e o norte de Portugal. A PARTICIPACIÓN PONTEVEDRESA
O resultado da participación pontevedresa foi o seguinte: Campión de Fútbol ao vencer por 1-0 a Vilagarcía.
Terceiro posto na clasificación de balonmán.
Na proba final de 100 metros lonxitude masculino discapacidade, o pontevedrés David Carabelos Almeida quedou no terceiro posto cunha marca de 14,07.
Na proba final de 400 metros lonxitude masculino discapacidade, o pontevedrés José Antonio Rodríguez Dios ocupou o terceiro posto cunha marca de 01:12.03

Ler mais......

jueves 9 de julio de 2009

Tres nadadoras do Sincro Pontevedra representarán á nosa cidade no X Campionato de España Infantil

Alba Quiroga de maneira individual e Laura Arias e máis Irene Penelas en parella participarán no Campionato de España Infantil que terá lugar este fin de semana en Granollers. Tres xóvenes promesas desta disciplina deportiva serán as encargadas de representar a Pontevedra no X Campionato de España de natacións sincronizada que se celebrará esta fin de semana en Granollers. Na competición participarán un total de 155 nadadoras de entre 13 e 15 anos agrupadas en 23 clubs procedentes das seguintes federación territoriais: galega, vasca, aragonesa, asturiana, balear, andaluza, madrileña, canaria e catalá.
Alba Quiroga participará de maneira individual e Laura Arias formará parella con Irene Penelas. Esta competición constituirá toda unha experiencia para elas, aínda que para Alba significa moito máis, xa que se estrea na competición estatal. A expedición do Sincro Pontevedra colle rumbo hoxe cara Cataluña, encabezada pola coordinadora de adestradoras, Beatiz Montes, unha Delegada do Club.
Os adestramentos comezan hoxe pola tarde e continuarán durante toda a mañá do venres. Ás 15:30 horas do venres comezará a competición de figuras. O sábado terán lugar as eliminatorias de individual, parellas e equipos e ao final do día disputarase a final libre combinada. O domingo será o turno final das demais modalidades. O desfile e entrega de medallas está previsto para as 17:15 horas.

Ler mais......

martes 7 de julio de 2009

Primeiras medallas para Pontevedra nos Xogos do Eixo Atlántico 2009

Os Xogos do Eixo Atlántico non podían comezar mellor. David Carabelos obtivo o segundo e terceiro posto nas probas de atletismo para discapacitados (salto de lonxitude e 100 metros pista). José Antonio Rodríguez tamén quedou terceiro nos 400 metros pista. A competición, que arrancou o domingo co acto inaugural e a comida de confraternidade dos deportistas, deixou ver xa a calidade dos representantes pontevedreses nas probas individuais. Na modalidade de atletismo de discapacitade disputada na pista universitaria de Elviña, David Carabelos quedou segundo no salto de lonxitude ao facer a mellor marca, 4,64 metros. Así mesmo acadou o terceiro posto nos 100 metros pista. Nos 400 metros destacou José Antonio Rodríguez Dios, que realizou o mellor tempo, 1:12 segundos.
Estas estrelas e máis o resto de representantes das disciplinas de atletismo, atletismo de discapacidade e natación, chegaron á nosa cidade fai só unhas horas. Agora as miradas están postas nas modalidades de fútbol 7, voleibol, baloncesto masculino e feminino e balonmán masculino, que xogarán dende hoxe ate o venres.

Ler mais......

O Waterpolo Pontevedra, entre os trece clubs que competirán no Campionato de España Infantil

Hoxe colle rumbo a Ceuta o Club de Natación Waterpolo Pontevedra para participar no Campionato de España Infantil. A expedición, formada por 30 persoas entre deportistas e técnicos, xogará o primeiro partido o mércores ás 4 horas ante o anfitrión, o Club Natación Caballa. A competición, na que os pontevedreses parten como novatos, servirá de escaparate das nosas estrelas pontevedresas, que nos últimos anos levan conseguido moitos dos títulos máis importantes nesta disciplina deportiva. Lembremosa calidade do club pontevedré, que consegui a clasificación para o campionato logo de gañar a liga infantil. A participación na competición será a mellor recompensa ao esforzo dos nosos representantes.
O campionato xogarase en dúas fases: a primeira, do 8 ao 12 de xullo (8, 9 e 10 na piscina do C.P. Díaz Flor e 11-12 na piscina do C.N. Caballa), na que os equipos se dividirán en catro grupos. Na segunda fase loitarán pola clasificación final formando outros tres grupos, de modo que os primeiros de cada grupo da fase previa xoguen polos catro primeiros postos, os segundos de grupo polo 5º ao 8º e os terceiros de grupo do 9º ao 13º posto.
O CN Pontevedra xogará entre equipos de gran categoría no panorama nacional. Serán trece os clubs que participen: Real Canoe N.C. (Madrid), C.N. Caballa (Ceuta), Escuela Wp. Zaragoza (Aragón), C.N. Terrassa (Cataluña), Wp. Navarra (Navarra), Wp. Sevilla (Andalucía), C.N. Jerez (Andalucía), C.N. Mataro (Cataluña), C.N. Metropole (Canarias), C.N. Barcelona (Cataluña), Cw Dos Hermanas (Andalucía) e Wp. Turia (Valencia).
Dende Pontevedra viaxan: os técnicos Javi de Sáa e Juan Rodríguez e os deportistas Román Filgueira, Miguel Pérez, Javier Portas, Enrique Alberte, Marina Casado, Alberto Quintá, Luís Rodríguez, Andrés Villaverde, Yara Ferreira, Xoán González, Manuel Pozo, Mauro Rivas, Raúl Viceiro e Patricia Blanco.

Ler mais......

Ramón Escudeiro, do Judo Club Pontevedra, prata na Copa do Mundo Junior

O deportista do Judo Club Pontevedra voltou de Debrecen (Hungría) cunha medalla de prata na maleta despois de competir na Copa do Mundo Junior de Judo o pasado domingo. O pontevedrés viaxou coa selección nacional senior e a junior, unha expedición composta por 17 deportistas. A dura estadía en Hungría tivo a súa recompensa. Adestramentos, controles médicos e un forte esforzo culminaron nunha merecida vitoria na categoría de -55 kilos. O seu primeiro rival foi Rusia, ao que venceu grazas a un plantexamento moi agresivo e unha técnica de sacrificio (Sumi gaeshi). O segundo combate foi contra o representante de Francia, ao que tamén gañou a base de traballo de proxeccións, conseguindo un Sukui nage (proxección en culler) que lle valeu un waza ari e posteriormente rematou cun Morote gari (sega con ámbalas dúas mans) co que acadou o ippon. Mais Turquía frustrou o soño de conseguir o ouro. Ramón non foi quen de facer fronte á superioridade física do representante turco.

Ler mais......

lunes 6 de julio de 2009

Publicada a listaxe provisional de subvencións a entidades deportivas da Xunta de Galicia

Podedes descargar a listaxe premendo aqui. O prazo de subsanación de erros e deficiencias remata o 16 deste mes.

Ler mais......

viernes 3 de julio de 2009

O CN Waterpolo viaxará a Portugal para competir no 7º Torneo de Povoa de Varzim

O equipo absoluto pontevedrés participará por segundo ano consecutivo neste torneo internacional que terá lugar en Povoa de Varzim.
Na competición, que terá lugar os días 4 e 5 de xullo, participarán tamén os equipos absolutos dos clubs C.N. Povoense, C.F. Portuense, Lousada Sec.XXI e C. Propaganda Nataçãos. O club de waterpolo pontevedrés será o único representante español neste torneo que se disputará na modalidade de liga. Todos os clubs xogarán catro partidos, dous o sábado e dous o domingo. Os horarios previstos son os seguintes:
Sábado 4, 17:00 h – CN Pontevedra - Lousada Sec.XXI Sábado 4, 19:20 h – CN Pontevedra - C. Propaganda Natação Domingo 5, 13:00 h - C.N. Povoense - CN Pontevedra Domingo 5, 15:40 h - C.F. Portuense - CN Pontevedra
Os pontevedreses viaxan con baixas nas súas filas, ausencias produto das obrigacións laborais dos seus compoñentes. Malia isto, Adrián Fernández, Roberto Acuña, Pablo Rodríguez, Carlos Ramírez, Miguel Montojo, Juanjo Vázquez, Ángel Villafranca, Pablo Seoane, Guillermo Atienza, Bran Touriño e Miguel Abeledo loitarán por acadar os mellores resultados.

Ler mais......

miércoles 1 de julio de 2009

Máis de 100 mozos do municipio participan a vindeira semana nos VIII Xogos do Eixo Atlántico

Máis de 100 nenos participan a vindeira semana nos VIII Xogos do Eixo Atlántico que se celebrarán do 5 ao 10 de xullo na cidade de A Coruña. Estes xogos serán un tempo de convivio, diversión, intercambio e lecer entre miles de mozos e mozas do noroeste peninsular que estarán representando aos concellos máis poboados de toda Galicia e o norte de Portugal. Os técnicos municipais e a concelleira de Deportes, Anxos Riveiro mantiveron esta tarde un encontro cos nenos no Pazo da Cultura para explicarlles como será a viaxe até a Coruña e a súa participación nestes xogos. Os 103 nenos (cadetes nados en 1993 ou posteriores) que participarán nestes Xogos do Eixo Atlántico, faránno nas seguintes probas:
• Fútbol 7 masculino
• Baloncesto masculino e feminino
• Voleibol feminino
• Balonmán masculino
• Atletismo
• Atletismo discapacidade
• Natación
A vontade da VIII Edición é que os mozos e mozas do norte de Portugal e Galicia compartan experiencias nun espazo no que o convivio deportivo tense que ver influenciado polos apartados sociais, culturais e turísticos que durante a semana dos xogos van enchoupar a tódolos os deportistas.

Ler mais......