Óscar Peón fíxose coa medalla de bronce despois de vencer en primera ronda ao turco Akizf Ozturrk por 5 a 4. En semifinais non tivo tanta sorte, perdeu ante o grego Thedoros Koumousidis por un resultado moi axustado, 6 a 5. O combate estivo moi igualado, o pontevedrés consegui poñerse á súa altura con dous doliochaguis ao final do combate na cabeza técnica (que vale dous puntos), máis aínda que houbo reclamacións, os árbitros só concederon dous puntos ao pontevedrés, quedando asi privado de disputar a final.
Porén, este resultado constitúe todo un éxito na carreira deportiva de Óscar, sobre todo tendo en conta que a última fase da preparación é a máis importante e que tivo que compaxinar os duros adestramentos coa recta final de exames.
Ler mais......
ROTEIRO MARIÑAN
O vindeiro 19 de xullo de 2009 e cunha dificultade media - baixo o Club Montañeiros de Pontevedra organiza unha actividade veraniega de máximo interés paisaxístico na costa de Oleiros.
PARTICIPANTES.- máximo 40 persoas
INSCRICIÓNS: ata o xoves dia 16 de xullo.
COTA: para os non socios do C. Montañeiros de Pontevedra 25€.
DESENVOLVEMENTO: O percorrido e moi variado imos ter costa e monte. Camiñando por iste roteiro atoparemos paisaxes espectaculares, fermosos cantis, aves mariñas, sendeiros tranquilos e tamen arquitectura popular, antigas baterías de costa, castros e unha mostra importante da flora carcterística da zona. Partiremos da praia de Mera en direccion a punta Mera, alí atoparemos os faros do mesmo nome e maila antiga casa dos fareiros convertida na actualidade en "aula do mar". Tamen visitaremos a insua de monte Mean, pasaremos preto da fonte de Canabal, tamen iremos a punta de Seixo Branco para coñecer as tres furnas que alí se atopan.estaremos na poboacion de Dexo para ver a sua igrexa románica e o portiño. Votaremoslle unha ollada a illa da Marola, logo iremos a Lorbé para coñecer o seu porto e a casa do pobo . Tamen pasaremos por Maianca para ver os muiños e a sua igrexa prerrománica, votaremoslle unha ollada a lagoa de Mera e remataremos o percorrido na praia ,e si o tempo o permite disfrutaremos dun relaxante baño. Todo o roteiro é moi interesante, pero como non podía ser menos tamén atoparemos algun asfalto, que compesaremos coas fermosas vistas ó fondo da cidade da coruña coa sua Torre de Hércules.
Ler mais......

Os deportistas federados poderán acceder ás instalacións de Vigo e Pontevedra de maneira gratuíta previa presentación da licenza correspondente á tempada 2008/2009.
O comité organizador do Mundial Vigo 2009 comunicou á Federación Galega de Patinaxe, que preside Enrique García-Raposo, que todo aquel deportista federado en Galicia coa FGP, con independencia da modalidade patinaxe artística, patinaxe de velocidade, hóckey a patíns, hóckey en liña), poderá asistir aos partidos de Vigo e Pontevedra de forma gratuíta, unicamente coa presentación da súa licenza federativa. Con esta medida o Presidente busca encher á bancada en todos os partidos e bater a marca de espectadores.
O xogador, adestrador ou directivo con licenza da Federación Galega de Patinaxe que queira acudir ao mundial terá que presentarse no despacho de billetes do Ifevi ou do Pavillón Municipal de Deportes de Pontevedra para retirar a súa entrada, previa presentación da licenza 2008/2009. Agora ben, a invitación estará restrinxida por motivos de seguridade, polo que a persoa federada que se dirixa á taquilla recibirá unha entrada sempre que o aforamento non estea esgotado.
Ler mais......

Dende hoxe, pódense mercar por Internet ou teléfono as entradas para o Mundial de Hockey a patíns 2009 que terá lugar o vindeiro mes de xullo. As persoas que adquiran as súas localidades antes do 30 de xuño terán un 30 por cento de desconto na primeira fase e do 20% na seguda. Os interesados poden mercar as localidades a través da páxina web do Mundial ou de forma telefónica.
Os afeccionados ao hockey xa poden adquirir dende hoxe as entradas para o Mundial de Hóckey sobre patíns, que se disputará en Vigo e Pontevedra entre os días 4 e 11 de xullo. As localidades poden comprarse a través da páxina web do Mundial (http://www.mundialvigo2009.com/) ou ben nos teléfonos de venda de Caixanova 986.110500 e 902.504500. As entradas poden recollerse nas oficinas de Caixanova a partir das 48 horas despoi de realizar a compra ou no dispensador do recinto deportivo que se instalará antes da competición. Na web tamén se poden consultar os prezos, ver as diferentes zonas da bancada e facer reservas de asentos para non perderse esta cita mundial. Ademais, todas as persoas que merquen a súa localidade antes do día 30 de xuño terán un desconto do trinta por cento nas xornadas da primeira fase e do 20 por cento na segunda fase.
A xornada inaugural (cerimonia de apertura e partido España-Mozambique) custará 11 euros en asento numerado, 10 euros para adulto sen numerar e 5 euros para nen@ sen numerar (menores de 14 anos). Cada unha das outras tres xornadas da primeira fase (domingo 5, luns 6 e martes 7), tanto en Vigo como en Pontevedra, custarán 10 euros (numerada), 9 € (adulto sen numerar) e 5 (nen@ sen numerar).
Para a segunda fase, os prezos varían segundo a sede. En Vigo, os cuartos de final (9 de xullo) serán iguais aos da xornada inaugural; as semifinais custarán 17 € (numerada), 15 € (adulto sen numerar) e 7 € (nen@ sen numerar). A xornada final terá os seguintes prezos: 22 € entrada numerada, 20 € adulto sen numerar e 10 € neno sen numerar. En Pontevedra, as entradas para a loita pola permanencia (baixan ao Mundial B os tres últimos) e polo Trofeo Concello de Pontevedra (para o noveno clasificado, campión da fase da morte) foron fixadas en 9 € (numerada), 7 € (adulto sen numerar) e 3 euros (nen@ sen numerar) cada día.
Ler mais......

A fase previa celebrarase sempre en xornada de tarde (18-20 horas) desde o 27 de xullo ao 3 de agosto e, a fase final, os días 5, 6, 7 de agosto tamén de tarde. A gran final disputarase o 8 de agosto ás 19 horas. A competición terá lugar no local social do Billar Club Pontevedra, club organizador, e a entrada será gratuíta.
Un ano máis, o Campionato Galego de Billar a Tres Bandas "XIV Trofeo Virxe Peregrina" concentrará en Pontevedra aos mellores xogadores da nosa comunidade. A competición terá lugar na sede social do Billar Club Pontevedra, club organizador, situada na rúa Estrada, 9.
O Trofeo, no que se estima, participarán uns 60 profesionais da disciplina, constará de dúas fases. A fase previa abarcará dende o 27 de xullo ate o 3 de agosto. As partidas xogaranse en xornada de tarde, ás 16, 18 e 20 horas. A fase final celebrarase nos días 5, 6 e 7 de agosto en horario de 18 e 20 horas. A gran final disputarase o 8 de agosto á 19 horas. O acceso ao local será libre e gratuíto durante todo o campionato.
Ler mais......

Por segundo ano, a Escola da Piscina Naval Militar de Marín acollerá o Trofeo Concello de Pontevedra de Natación Sincronizada. A proba celebrarase o vindeiro día 13 a partir das 17.30 horas. A entrada é libre.
O vindeiro día 13 terá lugar na piscina da Escola Naval Militar de Marín o II Trofeo Concello de Pontevedra de Natación Sincronizada. Na proba, organizada polo Club de Natación Sincronizada de Pontevedra, participarán catro clubs de renome: o Sincro Coruña, o Portamiñá de Lugo, o Aguamarina Sincro de A Coruña e o club local.
Os asistentes poderán gozar de maneira gratuíta da mellor exhibición de piruetas e coreografías imposibles.
Ler mais......