Espectacularidade e alto nivel foron as notas básicas que caracterizaron a Competición de Rutinas Técnicas de Base. A proba, que se disputou o pasado 25 de abril na Escola Naval Militar de Marín en horario de mañá, resultou ser unha das mellores exhibicións do esforzo e traballo dos clubes galegos de natación sincronizada. martes 28 de abril de 2009
O Club de Natación Sincronizada Pontevedra suma 44 puntos máis na loita polo Campionato Galego de Base
Espectacularidade e alto nivel foron as notas básicas que caracterizaron a Competición de Rutinas Técnicas de Base. A proba, que se disputou o pasado 25 de abril na Escola Naval Militar de Marín en horario de mañá, resultou ser unha das mellores exhibicións do esforzo e traballo dos clubes galegos de natación sincronizada.
A triatleta pontevedresa Saleta Castro acada o bronce no Campionato de España de Duatlon
Unha carreira excelente. Saleta Castro non só conseguiu o título de Campiona de España na categoría sub-23, senón que obtivo a terceira praza na categoría absoluta, un resultado inesperado. A pontevedresa, que non tiña a proba de Vigo preparada, demostrou ser unha das mellores triatletas.Despois da sorprendente actuación de Vigo, non é arriscado pensar que Saleta Castro poida despuntar na Copa de Europa de Tríatlon que terá lugar o 17 de maio na cidade de Pontevedra, pois con só vinte e un anos acumula varios dos títulos nacionais e internacionais máis importantes.
Ler mais......
Medalla de ouro e bronce para Alejandro Bernárdez, do Ximnasia Pontevedra, no seu estreo en alta competición
O ximnasta pontevedrés foi o mellor no Torneo Internacional Ciudad de Sofía celebrado en Bulgaria. Alejandro obtivo máis que sobresaliente, acadou o ouro en Dobreminitramp, o bronce en trampolín e clasificouse para o Campionato do mundo por idades que se disputará en Rusia.
Pontevedra está chea de estrelas. Esta vez o Club de Ximnsia de Pontevedra foi o encargado de pór o listón ben alto aos demais rivais. Nin os mellores ximnastas da xeografía mundial puideron con Alejandro Bernárdez na categoría de Dobreminitramp e Trampolín, onde acadou o primeiro e terceiro posto do Torneo Internacional celebrado a pasada fin de semana en Bulgaria.
Etiquetas: ximnasia
viernes 24 de abril de 2009
O venres arranca o Campionato de España Xuvenil no Municipal co Teucro como anfitrión e o Concello de Pontevedra como organizador.
A Real Federación Española de Balonmán concedeu ao Concello de Pontevedra os dereitos para a organización da fase zonal do Campionato de España de Balonmán Xuvenil Masculino.
Os equipos que se enfrentarán ao Teucro Supermercados Moldes son o Ademar de León (2º clasificado de Castilla e León) o Colexio Inmaculada de Xixón (1º clasificado de Asturias) e o C.Balonmano Somar de Gran Canarias (1º clasificado das Illas Canarias).
jueves 23 de abril de 2009
Intensa xornada de waterpolo, este sábado na piscina do Centro Galego de Tecnificación Deportiva
A continuación xogarán os cadetes, que tratarán de sorprender aos seus afeccionados cunha vitoria ante os composteláns. O progreso do equipo cadete é o máis notable, sobre todo trala incorporación do xogador Pablito na portería. O encontro da categoría absoluta (previsto para as 19.45 horas) porá fin a unha intensa xornada deportiva na que participarán un centenar de waterpolistas de todas as idades. A tensión e o ambiente están máis que asegurados.
Ler mais......
Exhibición de piruetas este sábado na piscina da Escola Militar de Marín
Sorpresa e espectacularidade son as notas clave da competición de rutinas técnicas de base deste ano que terá lugar este sábado na piscina da Escola Naval Militar de Marín. No evento, que está organizado polo Club de Natación Sincronizada de Pontevedra e a Federación Galega de Natación, participarán un total de 78 nadadoras. A cita será as once da mañá, inda que unha hora antes xa nos deixarán abraiados nos minutos de quecemento.No evento, que conta co patrocinio do Concello de Pontevedra e o Instituto Municipal de Deportes, participarán os seguintes clubes:
- Club Aguamarina Sincro: con un equipo de Base II
- CN Galaico-Sercoysa: con un equipo de Base I e un equipo de Base II
- Club Sincronizada Ourense: con un equipo de Base I e dous equipos de Base II
- Club Sincronizada Pontevedra: con un equipo de Base I e un equipo de Base II
- Club Sincronizada Ferrol: con un equipo Base de I e un equipo de Base II.
O Club de Natación Pontevedra compitirá con 19 nadadoras en dous equipos, un de base I e outro de base II. A orde de actuación dos equipos é a seguinte:
BASE I
Equipo 1 CSincro Ferrol (Naomi, Uxía, Claudia, Carla, Ainara, Inés y María Amma) Equipo 2 CNSincro Ourense (Lidia, Elena, Ariadna, Rita, Carmen, María, Laura y Mª Victoria) Equipo 3 CNGalaico-Sercoysa (Elisa, Laura, Reyes, Candela, Alejandra, Verónica, Carlota, Antía, Ana y Paloma) Equipo 4 CNSincro Pontevedra ( Carmen, Icia, Antía, Helena Aintzane, Cristina, Paloma, Sabela, Paloma y Soledad-Candela)
BASE II
Equipo 1 CNSincro Ourense (Paula, Marta, Sabela, Marta, Noemi, Ana, Estefanía y Sara) Equipo 2 CNSincro Ferrol (Cristina, Dora, Sara, Vanesa) Equipo 3 CNSincro Pontevedra (Nerea, Elena, Paula, Nerea, Iria, Itziar, Noemí, Carla, Raquel y Marta) Equipo 4 CNSincro Ourense (Carla, Ianira, Andrea, Paula, Rita, Nerea y María) Equipo 5 Aguamarina Sincro (Patricia, Noela, María, Sara, Tania, Clara, Olalla y Sabela) Equipo 6 CNGalaico-Sercoysa (Lorena, Kiara, Sofía, Marina, Ariadna, Lucía y Eva)
Ler mais......
miércoles 22 de abril de 2009
O Waterpolo Pontevedra vence ao CW Pabellón Ourense por 25 a 27 e ao CN Padrón por 30 a 4.
Xogar tres partidos nun período de vinte horas e conseguir puntuar en todos. Os desexos non se cumpriron de todo, pero o balance non deixa de ser positivo. Dúas vitorias ante o CW Pabellón Orense e o CN Padrón e unha derrota ante o CN Coruña son o resultado dunha xornada record para os pontevedreses. A xornada do domingo foi moito máis positiva. O conxunto pontevedrés foi superior nos dous partidos, mantendo a intensidade en todo momento, sobre todo no segundo partido ante o CN de Padrón. O cansazo non puido coas ganas destes deportistas, que venceron con diferenza a dous conxuntos ben organizados como son o CW Pabellón Ourense, por 25 a 27, e o CN Padrón, por 30 a 4.
Ler mais......
Etiquetas: Waterpolo
martes 21 de abril de 2009
O CN Galaico-Sercoysa acada a meta da primeira división
viernes 17 de abril de 2009
Colabora como voluntario/a da Copa de Europa de Tríatlon Pontevedra 2009
O vindeiro 17 de maio de 2009 terá lugar en Pontevedra, por segunda vez, a Copa de Europa de Tríatlon Pontevedra 2009
Etiquetas: evento, triatlón, Voluntariado
Só falta un mes para a II Copa de Europa de Tríatlon
Pontevedra, o municipio galego con maior investimento en deportes neste ano

Os aprazamentos da FEGAN obrigan ao Club de Natación Pontevedra a xogar tres partidos no "tempo record" de 20 horas
Como un verdadeiro maratón. Os aprazamentos da Federación Galega de Natación por falta de árbitros obrigan ao equipo absoluto de waterpolo do Club de Natación Pontevedra a xogar tres partidos oficiais no tempo récord de vinte horas.
Os encontros se disputarán entre o sábado e o domingo. O primeiro será o máis difícil, os pontevedreses desprazaranse á A Coruña para enfrontarse ante o CN Coruña, gañador dos sete últimos partidos e campión de liga en anos anteriores. A cita será ás 17 horas nas instalacións de INEF.
Do sábado saltamos ao domingo. Ás 10.15 horas xogarase o segundo partido fronte ao CW Pabellón Orense e, a continuación, as 12 horas, o terceiro ante o CN Padrón. A priori son partidos máis doados, pois o CN Pontevedra conseguiu dúas vitorias a domicilio ante os dous conxuntos, por iso terán a oportunidade de demostrar os seus progresos os xogadores xuvenís e os menos habituais.
Non todo son malas novas. Nun comunicado da federación recoñécese ao clube pontevedrés como gañador dos partidos aprazados ante o C Marina Ferrol. Unha decisión tomada a raíz da negativa do clube coruñés a disputar os encontros nas datas previstas pola federación.
Ler mais......
Etiquetas: competición, fegan, liga, Waterpolo
miércoles 15 de abril de 2009
Vinte clubes de toda Galiza loitarán pola clasificación na fase previa do 11º Torneo Internacional de Fútbol 7 Benxamín
En caso de empate a puntos na fase previa, resolverase de acordo coas seguintes regras:
- Resultado obtido entre ámbolos dous participantes. Maior número de puntos.
- Mellor diferenza no "gol average" xeral.
- Maior número de goles acadados.
- Menor número de goles encaixados.
Se persistira o empate, o gañador será o equipo que teña a media de idade máis baixa.
Para determinar os terceiros clasificados, terase en conta:
- Maior número de puntos obtidos na fase de liguilla.
- Mellor diferenza no "gol average" xeral.
- Maior número de goles acadados.
- Menor número de goles encaixados.
- Equipo con media de idade máis xove.
Os grupos xa están feitos: GRUPO “A” A.D. SAGRADO (Pontevedra) CÉLTIGA F.C. (Illa de Arousa) E.D. VAL MIÑOR (Nigrán) S.D. RIBADEO GRUPO “B” E.F.B. VIVEIRO PABELLÓN C.F. (Ourense) S.D. MONTEPORREIRO (Pontevedra) S.D. PORTONOVO GRUPO “C” AROSA S.C. (Vilagarcía de Arousa) A.J. LÉREZ (Pontevedra) CHAPELA C.F. (Redondela) MORAÑA C.F. (Pontevedra) GRUPO “D” DEPORTIVO NIETO (Vigo) E.F.B. REDONDELA FIGUEIRIDO C.F. (Vilaboa-Pontevedra) PONTEVEDRA C.F. GRUPO “E” E.D. POIO LOURO TAMEIGA (Mos) O RIBEIRO F.C. (Ribadavia) SALGUEIRIÑOS C.F. (Pontevedra)
Hoxe se inaugura a exposición de Alejandro De La Sota sobre o Pavillón de Deportes
Xornada de exhibición na Competición de rutinas técnicas de natación sincronizada do vindeiro 25 de abril
- Club Natación Galaico - SERCOYSA
- Club Natación Sincronizada Ferrol
- Club Natación Ferrol
- Club Natación Coruña
- Club Aguamarina Sincro de Coruña
- Club Natación Sincronizada Pontevedra
martes 14 de abril de 2009
Brenda Fontán, do Club de Loita Pontevedra, acada o título de Subcampiona de España de Loita Olímpica
Actual campiona galega de loita e, dende febreiro, peza chave da selección autonómica, Brenda Fontán era a favorita no Campionato de España de Loitas Olímpicas do pasado 1 de marzo. A pontevedresa chegou ao podio como estaba previsto, pero o cansazo puido coas ganas de acadar a medalla de ouro. Despois de duros combates Brenda conseguiu chegar ao encontro final, onde comezou gañando no primeiro período, pero non puido nos dous últimos onde foi derrotada. Porén, o segundo posto é mostra suficiente da súa calidade deportiva.
miércoles 8 de abril de 2009
A selección galega infantil acada o oitavo posto no Campionato de España de waterpolo
Non foi posible xogar a final, pero o esforzo da selección galega infantil de waterpolo queda demostrado co oitavo posto na clasificación do Campionato de España por Federacións. Dúas contundentes vitorias fronte ao País Vasco e o Madrid Feminino serviulles para quedar como terceiro de grupo na fase previa e soñar coa final, pero os galegos non puideron cos seus outros tres rivais, Ceuta, Madrid e Cataluña. O catalán, un conxunto moi forte e coordinado, afundiu calquera esperanza ao vencer por 14 a 5 puntos. 2º FEDERACIÓN MADRILEÑA - MASC
3º FEDERACIÓN ANDALUZA
4º FEDERACIÓN NAVARRA
5º FEDERACIÓN COM. VALENCIANA
6º FEDERACIÓN CEUTÍ7º FEDERACIÓN CATALANA - FEM
8º FEDERACIÓN GALLEGA
9º FEDERACIÓN ARAGONESA
10º FEDERACIÓN MADRILEÑA - FEM
11º FEDERACIÓN CANARIA
12º FEDERACIÓN PAIS VASCO
13º FEDERACIÓN BALEAR
Estase a disputar o Campionato de España de Tenis de Mesa
Etiquetas: Tenis de Mesa
martes 7 de abril de 2009
O Natación Galaico faise con varias das medallas do Campionato de España Junior

O 3 de maio chega a Pontevedra o Campionato de Galicia BTT-Maratón
O Pontillón do Castro de Pontevedra será o escenario do III Trofeo Concello de Pontevedra BTT-Maratón. A competición, organizada pola Peña Ciclista Moto Bike e Team Relay, terá lugar o vindeiro 3 de maio ás 10 da mañá.
viernes 3 de abril de 2009
O traballo do arquitecto pontevedrés Alejandro de La Sota sobre o noso Pavillón Municipal de Deportes a exposición
O próximo mércores 15 de abril inaugúrase na sala de exposicións do Pazo da Cultura de Pontevedra unha mostra dos traballos realizados polo arquitecto pontevedrés Alejandro de La Sota para a construción do Pavillón Municipal de Deportes. O acto terá lugar ás 20 horas e contará coa presenza do Alcalde do Concello de Pontevedra, Miguel Anxo Lores, e da Concelleira de Cultura, Lola Dopico Aneiros.
Etiquetas: alejandro, arquitectura, deportes, pavillón, pontevedra, sota
Oscar Peón, do Taekwondo Mace Sport, conquista o ouro no Campionato de España de Cadete
A pasada fin de semana celebrouse en Alicante o Campionato de España de Combate na categoría de Cadete, unha competición na que o clube de taekwondo Mace Sport destacou pola actuación dos seus cinco representantes.
Oscar Peón Lamas fíxose coa medalla de ouro despois de gañar na ronda final ao grupo catalán por 8 a 1. Este triunfo vén con premio dobre: a clasificación para o vindeiro Campionato de Europa de Combate que se celebrará en Croacia no mes de xullo.
Xian Silva Pazos gañou na primeira ronda ao deportista do País Vasco por 8 a 2 pero perdeu no último asalto por 7 a 8. María Domínguez Ferreira non puido coa catalana da primeira ronda pero deixou claro que é unha estrela a punto de explotar.
Ler mais......
miércoles 1 de abril de 2009
Os infantís do CN de Pontevedra demostrarán todo o seu potencial no Campionato de España de Federacións

A competición terá lugar entre o 2 e o 5 de abril no Polideportivo de Carrenque, en Málaga. Participarán 13 equipos, coa novidade de que Cataluña e Madrid presentarán un equipo masculino e outro feminino. Xogarase unha fase previa con dous grupos, un de seis e outro de cinco, respectivamente. O primeiro de cada grupo enfrontarase en semifinais aos equipos de Madrid e Cataluña (campión e subcampión o ano pasado).
Grupo A
- Fed. Andaluza
- Fed. Com. Valencia
- Fed. Aragonesa
- Fed. Canaria
- Fed. Catalana Femenina
- Fed. Balear
Grupo B
- Fed. Navarra
- Fed. Ceutí
- Fed. Vasca
- Fed. Gallega
- Fed. Madrileña Femenina
