Se queres ser testigo privilexiado e participar na competición de hockey máis relevante a nivel mundial só tes que inscribirte como voluntari@ na web http://www.mundialvigo2009.com./
A mellor competición de hockey do mundo requiere os mellores voluntari@s. A organización do Mundial de Hockey 2009 necesita persoas comprometidas, dispostas a volcarse nun evento histórico que dende o 4 ate o 11 de xullo colocará a Vigo e Pontevedra como referentes do deporte a nivel mundial.
En calquera evento deportivo, e máis en este, de nivel internacional, a resposta da cidadanía é imprescindible. Dende o Instituto Municipal de Deportes reclamamos o teu apoio. Inscríbete xa na web oficial do campionato, http://www.mundialvigo2009.com/. A organización garante a cada voluntari@:
- Acreditación
- Roupa identificativa (polo, pantalón curto e suadeira)
- Tique de comida (só segundo a quenda na que se traballe)

