Xa non tes escusa para aburrirte no verán, pois as Concellerías de Xuventude e Deportes do Concello de Pontevedra teñen preparado un programa para non parar.
Ponteverán ofrece actividades para mozos e mozas de entre 8 e 35 anos.
Verán non ten porqué ser sinónimo de aburrimento. Ponteverán, o programa de lecer e cultura organizado polas Concellerías de Xuventude e Deportes do Concello de Pontevedra, ofrece atractivas actividades para vencer a apatía. No eido deportivo están previstas as seguintes actividades:
O primeiro torneo de fútbol 7 masculino e feminino, os días 10, 11 e 12 de xullo nos campos de herba sintética de A Xunqueira. Poderán participar mozos e mozas de entre 14 e 35 anos nas categorías de: cadete feminino e masculino (14-15 anos), xuvenil feminino e masculino (16-18 anos), senior feminino e masculino (18-35 anos), discapacitados. A cota de participación é de 30 euros. Podedes consultar a web do Torneo www. cafypontevedra.es
Estadías no parque natural do invernadeiro e macizo central para mozos e mozas de entre 16 e 35 anos.
Rutas en piragüa para coñecer os nosos ríos destinadas a mozos e mozas de entre 18 e 35 anos.
Rutas en kaiak de mar polas rías, para maiores de 18 anos, ou a partires de 16 con autorización.
Xornadas de rafting para maiores de 18 anos, ou a partires de 16 con autorización.
Ademais, Ponteverán ofrece cursos de formación, música e cultura. As actividades están destinadas a persoas empadroadas no Concello de Pontevedra. Porén, poderán participar tamén persoas de outros concellos a través da listaxe de espera. As inscricións faranse po rigorsa orde de chegada na Oficina Municipal de Información Xuvenil de Pontevedra, situada na rúa Sor Lucía, 2. Tamén no teléfono 986 84 03 67 e a través da dirección de correo electrónico xuventude@concellopontevedra.es
