Na pestaña calendarios tedes a programación das distintas instalacións

miércoles 3 de junio de 2009

Exhibición de coreografías imposibles o vindeiro día 13 na piscina da Escola Naval de Marín

Por segundo ano, a Escola da Piscina Naval Militar de Marín acollerá o Trofeo Concello de Pontevedra de Natación Sincronizada. A proba celebrarase o vindeiro día 13 a partir das 17.30 horas. A entrada é libre. O vindeiro día 13 terá lugar na piscina da Escola Naval Militar de Marín o II Trofeo Concello de Pontevedra de Natación Sincronizada. Na proba, organizada polo Club de Natación Sincronizada de Pontevedra, participarán catro clubs de renome: o Sincro Coruña, o Portamiñá de Lugo, o Aguamarina Sincro de A Coruña e o club local.
Os asistentes poderán gozar de maneira gratuíta da mellor exhibición de piruetas e coreografías imposibles.