Os pasados días 12, 13 e 14 de Xuño tivo lugar en augas de Tenerife o X Campionato de España de Apnea, no que o equipo galego composto por Antonio García Abilleira, Héctor Costa Fernández (os dous do Club Sotavento de Pontevedra) e Juan Carlos Ben (do club Faro Roncadoiro de Lugo) acadaron o cuarto posto na clasificación xeral. O resultado, aínda que bo, estivo marcado por unha nota dramática, o desvanecemento sufrido por Juan Carlos Ben cando regresaba á superficie dende os 42 metros de profundidade, que supuxo a súa descalificación na proba.
Os galegos competiron nas principais modalidades da apnea:
- Apnea estática (aguantar a respiración boca abaixo na piscina)
- Apnea dinámica (percorrer a maior distancia posible buceando na piscina)
- Jump blue (percorrer a maior distancia posible ó redor dun cadrado de 15x15 metros situado a 10 metros de profundidade)
- Peso contante (descender á maior profundidade posible en mar aberto)
A extraordinaria actuación de Antonio García levouno a acadara categoría de subcampión de España en apnea dinámica, chegando aos 124 metros e pulverizando a marca galega que ata entón estaba nos 112 metros. Ademáis, conseguiu bater a marca galega de Jump blue, con 81.5 metros, fronte aos 80 metros do tempo anterior, quedando cuarto de España nesta modalidade. Estas marcas dan fe do seu extraordinario estado de forma. Unha calidade deportiva da que o seleccionador nacional é consciente, polo que irá a por todas a Dinamarca para conseguir o mellor posto no Campionato de Europa.
martes 23 de junio de 2009
Antonio García Abilleira, do Sotavento, representará a España no Campionato de Europa de apnea
Etiquetas: apnea
