Na pestaña calendarios tedes a programación das distintas instalacións

miércoles 15 de abril de 2009

Xornada de exhibición na Competición de rutinas técnicas de natación sincronizada do vindeiro 25 de abril

O espectáculo está servido en Marín. A piscina da Escola Naval Militar acollerá o vindeiro día 25 de abril a competición de rutinas técnicas de base de natación sincronizada. A proba terá unha duración aproximada dunha hora. O comezo está previsto para as 11 horas e a entrega de premios a partir das 12 horas.
Na xornada participarán seis clubes:
  • Club Natación Galaico - SERCOYSA
  • Club Natación Sincronizada Ferrol
  • Club Natación Ferrol
  • Club Natación Coruña
  • Club Aguamarina Sincro de Coruña
  • Club Natación Sincronizada Pontevedra