Na pestaña calendarios tedes a programación das distintas instalacións

martes 28 de abril de 2009

A triatleta pontevedresa Saleta Castro acada o bronce no Campionato de España de Duatlon

Unha carreira excelente. Saleta Castro non só conseguiu o título de Campiona de España na categoría sub-23, senón que obtivo a terceira praza na categoría absoluta, un resultado inesperado. A pontevedresa, que non tiña a proba de Vigo preparada, demostrou ser unha das mellores triatletas.
Cruzou a meta sorprendida e moi emocionada. A pontevedresa, que recoñecía ter posibilidades na sub-23, rematou a proba viguesa no terceiro posto da clasificación absoluta. A competición resultou especialmente dura na proba de bicicleta como recoñeceu Saleta Castro. "Conseguimos relevarnos en la bici y la cosa iba bien, pero en la última vuelta comenzaron los ataques y como vimos que teníamos posibilidades de irnos en bici lo intentamos y salió bien. Después ya fuimos corriendo todo lo que se podía". A dosificación foi a clave para manter o ritmo da proba, que rematou cunha fantástica carreira a pé de cinco quilómetros.

Despois da sorprendente actuación de Vigo, non é arriscado pensar que Saleta Castro poida despuntar na Copa de Europa de Tríatlon que terá lugar o 17 de maio na cidade de Pontevedra, pois con só vinte e un anos acumula varios dos títulos nacionais e internacionais máis importantes.