Só quedan trinta días para revivir a emoción da Copa de Europa de Tríatlon. A proba celebrarase o vindeiro 17 de maio en horario de maña. A primeira carreira será a feminina, que dará comezo ás 9.30 horas.
A II Copa de Europa de Tríatlon xa está á volta da esquina. A proba, que se disputará o 17 de maio, domingo, contará coa presenza de algúns dos mellores triatletas do mundo. Espérase que toda a cidade se volque no evento como fixo o ano pasado, cando condicións metereolóxicas eran moi adversas.
Os horarios xa están fixados. A carreira feminina comezará ás 9.30 horas e a masculina ás 12.15 horas. Os participantes terán que superar 1,5 quilómetros de natación no río Lérez, 40 de ciclismo e 10 de carreira a pé. A competición, que se presentou oficialmente o pasado 22 de xaneiro, está organizada pola FEGATRI (Federación Galega de Tríatlon) en colaboración con la ETU (Unión Europea de Tríatlon), la FETRI (Federación Española de Triatlón), la Direción Xeral de Deportes da Xunta de Galicia e o Concello de Pontevedra.Non está confirmado pero é case segura a participación do atleta ferrolán Javier Gómez Noya, gañador da proba en 2008.
A competición se poderá seguir en directo a través da web da Federación Española de Tríatlon na dirección http://www.triatlon.org/, onde ofrecerán comentarios e clasificacións en tempo real. Tamén está dispoñible a páxina web oficial http://www.triatlonpontevedra.org/ para coñecer todos os detalles dunha das probas deportivas máis importantes.
