Non foi posible xogar a final, pero o esforzo da selección galega infantil de waterpolo queda demostrado co oitavo posto na clasificación do Campionato de España por Federacións. Dúas contundentes vitorias fronte ao País Vasco e o Madrid Feminino serviulles para quedar como terceiro de grupo na fase previa e soñar coa final, pero os galegos non puideron cos seus outros tres rivais, Ceuta, Madrid e Cataluña. O catalán, un conxunto moi forte e coordinado, afundiu calquera esperanza ao vencer por 14 a 5 puntos. O encontro final disputouse un ano máis entre Madrid e Cataluña, que volveron á piscina para pelexar pola máxima gloria. Os madrileños quedáronse coas ganas, os cataláns venceron por 15 a 8 e recuperaron asi a súa posición hexemónica de gañador perdida o ano pasado.
A clasificación do Campionato de España Infantil de Waterpolo quedou como segue:
1º FEDERACIÓN CATALANA
2º FEDERACIÓN MADRILEÑA - MASC
3º FEDERACIÓN ANDALUZA
4º FEDERACIÓN NAVARRA
5º FEDERACIÓN COM. VALENCIANA
6º FEDERACIÓN CEUTÍ7º FEDERACIÓN CATALANA - FEM
8º FEDERACIÓN GALLEGA
9º FEDERACIÓN ARAGONESA
10º FEDERACIÓN MADRILEÑA - FEM
11º FEDERACIÓN CANARIA
12º FEDERACIÓN PAIS VASCO
13º FEDERACIÓN BALEAR
