
Os máis de 76 euros que invirte o Concello de Pontevedra en deporte colocan ao noso municipio no undécimo posto da clasificación que publicou a Federación Española de Municipios e Provincias nun estudo sobre o investimento de municipios capital de provincia e de máis de 150.000 habitantes.
A análise, que se realizou sobre unha mostra de 67 concellos, publicouse no número 26 da revista "Deportistas" que edita a propia federación. Os resultados poñen de manifesto tamén que Pontevedra é o municipio que máis investirá no eido deportivo no ano 2009, moi por en riba dos concello de Ourense, Vigo, Lugo e A Coruña.
