Na pestaña calendarios tedes a programación das distintas instalacións

miércoles 22 de abril de 2009

O Waterpolo Pontevedra vence ao CW Pabellón Ourense por 25 a 27 e ao CN Padrón por 30 a 4.

Moi boas sensacións nos da o equipo de waterpolo do Club de Natación de Pontevedra, sobre todo depois de vencer con diferenza en dous dos tres encontros aprazados pola Federación Galega de Natación que se celebraron a pasada fin de semana.
A fin de semana comezaba con un dos retos máis difíciles para o equipo de waterpolo do Club de Natación de Pontevedra. Xogar tres partidos nun período de vinte horas e conseguir puntuar en todos. Os desexos non se cumpriron de todo, pero o balance non deixa de ser positivo. Dúas vitorias ante o CW Pabellón Orense e o CN Padrón e unha derrota ante o CN Coruña son o resultado dunha xornada record para os pontevedreses.
O primeiro encontro foi ante o CN Coruña, un partido intenso e moi difícil sobre todo no último cuarto, onde o partido estaba prácticamente decidido. No primeiro cuarto o conxunto coruñés foise ao vestiario cun 3-1 a favor. No segundo o clube pontevedrés tentou remontar con varios lanzamentos, pero a sorte non quixo que se converteran en puntos e o marcador rematou en 13 a 7.

A xornada do domingo foi moito máis positiva. O conxunto pontevedrés foi superior nos dous partidos, mantendo a intensidade en todo momento, sobre todo no segundo partido ante o CN de Padrón. O cansazo non puido coas ganas destes deportistas, que venceron con diferenza a dous conxuntos ben organizados como son o CW Pabellón Ourense, por 25 a 27, e o CN Padrón, por 30 a 4.