O Galaico-Sercoysa feminino gaña a Copa de España de Segunda División e se mete asi en primeira división.
Obxectivo cumprido. O campión da categoría nacional competirá a vindeira tempada en primeira división ao vencer con diferenza na Copa de España de Segunda División celebrada en Madrid por 865,5 puntos. O equipo feminino, maxistralmente dirixido por Alvaro Reiriz, bateu en Madrid catro marcas galegas: un individual, a cargo de Alba Franco en 50 bolboreta, e tres relevos, os de 4x50, 4x100 e 4x200 libres.
A actuación de Alba Franco foi extraordinaria, pois ademais da marca e a vitoria en 50 bolboreta, acadou o primeiro posto en 100 bolboreta, colocándose a unha soa centésima da marca galega que posúe Paula Carballido. Tamén ocuparon postos de honra entre as tres primeiras clasificadas a espaldista Nerea Rodiño e as fondistas Xenia Vilariño e Iria García.
As veteranas do equipo, Ana Pallarés e Tatiana Domínguez, acadaron as mellores marcas da súa carreira asi como as marcas mínimas para participar o próximo verán no Campionato de España absoluto, mínima que tamén conseguiu Miriam Crespo. Paula Cores estivo a punto de conseguila. Laura Valiñas foi outra das deportistas que acadaron unha marca galega. Fíxose coa marca dos 4x200 libres. Tampouco hai que esquecer a participación de Beatriz Gómez, que ten a gran honra de formar parte de dous relevos con récords galegos, os de 4x50 e 4x200 libres.
O Campionato de España Absoluto resultou un dos máis produtivos para o C.N. Galaico-Sercoysa, pois será o único clube galego que compita en primeira división a vindeira tempada. Ademais, esta será a undécima tempada que se manteñan na categoría nacional de maneira ininterrompida.
Para máis información podedes visitar a páxina do clube (www.cngalaico.com) ou da Federación Galega de Natación (www.fegan.org) :
