Como un verdadeiro maratón. Os aprazamentos da Federación Galega de Natación por falta de árbitros obrigan ao equipo absoluto de waterpolo do Club de Natación Pontevedra a xogar tres partidos oficiais no tempo récord de vinte horas.
Os encontros se disputarán entre o sábado e o domingo. O primeiro será o máis difícil, os pontevedreses desprazaranse á A Coruña para enfrontarse ante o CN Coruña, gañador dos sete últimos partidos e campión de liga en anos anteriores. A cita será ás 17 horas nas instalacións de INEF.
Do sábado saltamos ao domingo. Ás 10.15 horas xogarase o segundo partido fronte ao CW Pabellón Orense e, a continuación, as 12 horas, o terceiro ante o CN Padrón. A priori son partidos máis doados, pois o CN Pontevedra conseguiu dúas vitorias a domicilio ante os dous conxuntos, por iso terán a oportunidade de demostrar os seus progresos os xogadores xuvenís e os menos habituais.
Non todo son malas novas. Nun comunicado da federación recoñécese ao clube pontevedrés como gañador dos partidos aprazados ante o C Marina Ferrol. Unha decisión tomada a raíz da negativa do clube coruñés a disputar os encontros nas datas previstas pola federación.
