O ximnasta pontevedrés foi o mellor no Torneo Internacional Ciudad de Sofía celebrado en Bulgaria. Alejandro obtivo máis que sobresaliente, acadou o ouro en Dobreminitramp, o bronce en trampolín e clasificouse para o Campionato do mundo por idades que se disputará en Rusia.
Pontevedra está chea de estrelas. Esta vez o Club de Ximnsia de Pontevedra foi o encargado de pór o listón ben alto aos demais rivais. Nin os mellores ximnastas da xeografía mundial puideron con Alejandro Bernárdez na categoría de Dobreminitramp e Trampolín, onde acadou o primeiro e terceiro posto do Torneo Internacional celebrado a pasada fin de semana en Bulgaria. Rusia, Uzbekystan, Bielorusia, Portugal, Bulgaria, Hungría, Dinamarca, Suiza, Ukrania, Bielorusia... ningún deles foi quen de vencer a este pontevedrés no día do seu debut na alta competición. A entrega e o esforzo de Alejandro déixanse ver nunha puntuación sobresaliente que o clasifica para o Campionato do mundo por idades que terá lugar en Rusia.
Dende o Instituto Municipal de Deportes, ¡noraboa Alejandro!
