Na pestaña calendarios tedes a programación das distintas instalacións

miércoles 15 de abril de 2009

Hoxe se inaugura a exposición de Alejandro De La Sota sobre o Pavillón de Deportes

O Pazo da Cultura amosará ate o vindeiro 14 de xuño a historia dunha parte de Pontevedra, a instalación deportiva máis importante da cidade: o Pavillón Municipal de Deportes. A exposición recolle os planos do proxecto, esbozos preliminares e fotografías do estado primitivo do edificio realizadas polo arquitecto pontevedrés nos anos 60.
O Pazo da Cultura amosará até o próximo 14 de xuño a historia dunha parte de Pontevedra, a historia da instalación deportiva máis importante da cidade: O Pavillón Municipal de Deportes, que destaca pola súa xenialidade construtiva, a importancia do seu creador o arquitecto Alejandro de la Sota, pero, sobre todo, pola importancia que esta instalación tivo, ten e seguirá tendo para o mundo do deporte nesta cidade.
A exposición que inaugurará o alcalde Miguel Anxo Fernández Lores, hoxe pola tarde, ás 20.00 horas, no Pazo da Cultura amosa planos e o proceso construtivo, que permite comparar o modelo orixinal co actual, logo das desafortunadas reformas realizadas na década dos anos oitenta que tersiversaron a idea do arquitecto pontevedrés. Alejandro de la Sota gañou con este proxecto o primeiro premio do Concurso de ideas para instalacións deportivas, promovido pola Delegación Nacional de Educación Física e Deportes no ano 1963.
Aquel estudo buscaba un ambiente interior sinxelo e tranquilo, atractivo para deportistas e espectadores, cunha iluminación cenital perfectamente direccionada, con unidade de construcción e de cor, que se resolve, principalmente, a partir dun sistema construtivo baseado na repetición de elementos estruturais prefabricados de formigón pretensado. O edificio foi levantado entre os anos 1964 e 1970.
A exposición vai acompañada dunha monografía adicada ao Pavillón Municipal elaborada pola Fundación Alejandro de la Sota, que pretende pór a disposición de arquitectos e do público en xeral o valioso material que se conserva no seu arquivo. Planos do proxecto, esbozos preliminares e fotografías do estado primitivo do edificio, realizadas polo propio Alejandro de la Sota. Non hai que esquecer que a Concellaría de Deportes que dirixe Anxos Riveiro quere abordar próximamente a reforma deste pavillón, e estes documentos orixinais servirán de guía para recuperar o espíritu orixinal da obra, adaptándose ás necesidades de hox en día: comodidade, accesibilidade e utilidade para a cidadanía.
A exposición, promovida pola Concellaría de Cultura e a delegación provincial do Colexio de Arquitectos de Pontevedra, estará na sala de exposicións do Pazo da Cultura aberta até o 14 de xuño de martes a venres en horario de 17.00 a 21.00 horas, e sábados, domingos e festivos de 11.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 21.00 horas.