Na pestaña calendarios tedes a programación das distintas instalacións

viernes 17 de abril de 2009

Colabora como voluntario/a da Copa de Europa de Tríatlon Pontevedra 2009

O vindeiro 17 de maio de 2009 terá lugar en Pontevedra, por segunda vez, a Copa de Europa de Tríatlon Pontevedra 2009

Tras o éxito deportivo e organizativo do ano pasado, na que máis de 25.000 persoas presenciaron en Pontevedra as carreiras femininas e masculinas deste novo deporte (natación 1.500 m + bicicleta de estrada 40.000 m + carreira a pé 10.000 m), agora o Instituto Municipal de Deportes de Pontevedra (membro do Comité Organizador) anuncia a posibilidade de que as persoas interesadas podan colaborar, como o ano pasado, coa organización como voluntarias. As funcións para as persoas voluntarias son diversas e poden ir dende o control de público, acompañamento de deportistas, suministro de bebidas, traducción, acompañamento á seguridade, información aos visitantes e deportistas, acompañamento a medios de comunicación,... Os requisitos para poder tomar parte no Programa de Voluntariado da Copa de Europa de Tríatlon Pontevedra 2009 son básicos: 1. Dispoñer de vontade de colaboración.
2. Dispoñer do domingo 17 de maio de 2009 dende as 08 ata as 15 horas.
3. Cubrir e enviar o formulario oficial de inscrición.
4. Tomar parte na breve formación necesaria.
Os nosos compromisos coas persoas participantes serán:
1. Ofrecer un seguro de accidentes e responsabilidade civil no transcurso da súa labor como persoa voluntaria.
2. Ofrecerlles un programa de formación adaptado a cada posto de voluntariado.
3. Compensarlles nos gastos derivados da súa tarefa como persoa voluntaria.
4. Ofrecerlles o material persoal necesario (uniformidade, material de seguridade,...) para o desenvolvemento da tarefa encomendada.
5. Ofrecerlles a manutención para o día de actividade.
6. Ofrecerlles un certificado polo servizos prestados no programa.
Máis info. no Instituto Municipal de Deportes de Pontevedra no Pavillón Municipal de Deportes de Pontevedra ou no tel. 986872013 ou en imd@pontevedra.eu