Na pestaña calendarios tedes a programación das distintas instalacións

viernes 6 de noviembre de 2009

Voluntariado para a Media Maratón Cidade de Pontevedra 2009 - Gran Premio Serviocio

A organización da Media Maratón Cidade de Pontevedra - Gran Premio Serviocio 2009 que se disputará polo centro urbano de Pontevedra o vindeiro 29 de novembro de 2009, comezou co seu programa de voluntariado para colaborar neste imporatantísmo evento deportivo. Se tes interés pasa polas oficinas do Instituto Municipal de Deportes de Pontevedra (r/ Juan Manuel Pintos, s/nº), chama ao tel. 986872013 ou por correo-e a imd@pontevedra.eu para que te fagamos chegar a ficha para tomar parte como voluntaria/o. ANÍMATE E PARTICIPA

Ler mais......

jueves 29 de octubre de 2009

O XII Campionato Internacional de Taekwondo contará con máis de setecentos participantes de todas as idades

A competición, organizada polo club pontevedrés Taekwondo Mace-Sport, disputarase no Pavillón Municipal durante a xornada do sábado. A primeira proba será a de pumses, que comezará as 9 da mañá. A competición de exhibicións terá lugar entre as 11.30 h e as 14 horas e a de combate será de 16 a 21 horas. Un ano máis volta a espectacularidade do campionato internacional de taekwondo, unha competición na que se dan cita deportistas de todas as idades. Dende prebenxamín ate veteranos, pasando por xuvenil ou senior. O público que se achegue ao Pavillón Municipal de Deportes quedará abraiado coas exhibicións de rompimentos e acrobacias xamais vistas, así como da dureza dos combates. As entradas para cada sesión teñen un prezo moi económico, só tres euros. Tamén cabe a posibilidade de mercar o bono para toda a xornada por tan só cinco euros.

Ler mais......

Serviocio dá a benvida ao outono cun sinfín de actividades ao aire libre

Non hai mellor forma de gozar do encanto desta época do ano que con actividades ao aire libre. Consciente disto, Serviocio ofrécenos un programa deportivo variado e para todos os públicos.
Hoxe mesmo terá lugar no exterior das instalacións de Campolongo, "Diverteca", un espectáculo clown que mistura xogos, risas e actividades. Para participar non é necesario inscribirse previamente. Se as condicións metereolóxicas o permiten, os rapaces e rapazas que se atopen no entorno do Polígono de Campolongo sobre as 18 horas así como os propios asistentes á Escola de Actividades Acuáticas da Piscina vivirán unha experiencia moi divertida.
O mes de novembro preséntase do máis activo. O día 7 está prevista a Roda de Capoeira, dirixida polo monitor do Complexo Deportivo de Campolongo. A Capoeira é unha expresión cultural afro-brasileira que engloba diversas facetas (faceta musical e de ritmo, expresión corporal, arte marcial e faceta tradicional). Practícase en "rodas" (loitas amigables sen contacto de dous loitadores rodeados de música e compañeiros tocando palmas e cantando). Esta actividade impártese semanalmente na instalación os luns, mércores e venres pola tarde. No encontro poderán participar tanto usuarios como non usuarios do Complexo de Campolongo. O único requisito será inscribirse previamente.
O 20 de Novembro será o día de reunir á familia para participar nunha rota de sendeirismo polos arredores da cidade. A actividade está pensada para grandes e pequenos, pois o grao de dificultade e mínimo. A marcha rematará, como manda a época na que estamos, cun pequeno magosto no interior das instalacións de Campolongo. Non hai que esquecer a XIV Media Maratón. Gran Premio Serviocio" que terá lugar o día 29. Na carreira, que discorrerá polo casco urbán da cidade, xoga un papel fundamental Serviocio, xa que ademais de patrocinador, está levando a cabo un plan de adestramento para aqueles usuarios/as que queiran terminar a súa primeira media maratón.
Os entusiastas da bicicleta tamén teñen un recuncho nesta programación. O 19 de decembro terá lugar unha Rota Cicloturística polas inmediacións da illa das esculturas e a marxe do Río Lérez, repoñendo forzas ao acabar cunha deliciosa Chocolatada no Complexo de Campolongo. E como manda a tradición, a tradicional festa de Nadal de Serviocio "Servi Nadal" porá o broche de ouro a este trimestre cheo de actividades. Servi Nadal contará coa visita de Papá Noel, concurso de postais de nadal e a participación na carreira de San Silvestre de Pontevedra o 31 de decembro.

Ler mais......

miércoles 7 de octubre de 2009

O Pavillón Municipal acolle esta fin de semana o Campionato de España de Trampolín de Ximnasia

O Campionato de España Mapfre de Comunidades Autonómicas e Copa de España Mapfre de Trampolín de Ximnasia chega a Pontevedra. Esta fin de semana, os días 9, 10 e 11 de outubro, no Pavillón Municipal, os pontevedreses poderán animar aos ximnastas de elite nesta disciplina e admirar os seus saltos e piruetas.

As seleccións galega e de Azerbaijam de loita enfrontanse hoxe no II Torneo de Loitas Olímpicas de Pontevedra

O Pavillón do Centro Galego de Tecnificación Deportiva acolle hoxe o II Torneo Internacional de Loitas olímpicas de Pontevedra. A partir das 17.00 horas e até ás 18.15 horas enfrontaranse as seleccións galega e de Azerbaijam (unha das mellores do mundo). A competición foi presentada onte pola Concelleira de Deportes do Concello, Anxos Riveiro Portela. A selección de Azerbaijam estará en Galicia até o día 9 de outubro participando nunha concentración cos deportista galegos no C.G.T.D. de Pontevedra. Neste torneo tamén participará o loitador galego, José Cuba que acaba de asistir ao Campionato do Mundo celebrado en Dinamarca, onde acadou un meritorio posto número 11.

Ler mais......

martes 6 de octubre de 2009

Publicada a listaxe de axudas concedidas pola Fundación Deporte Galego para actividades de promoción no ano 2009

O pasado 30 de setembro publicouse a relación de beneficiarios/as e importe das axudas para a promoción do deporte en Galicia no ano 2009 concedidas pola Fundación Deporte Galego. O prazo de xustificación remata o 11 de xaneiro de 2010. Podedes descargar a listaxe premendo aqui.

Ler mais......